
Así se titula esta exposición de 30 traducións do poema
PENÉLOPE de
X. Mª DÍAZ CASTRO,
que podes ver
ata o día 20 de outubro na nosa Biblioteca. Os Equipos de Dinamización Lingüística dos
IES Monte Carrasco de Cangas, Carlos
Casares de Vigo e Indalecio Pérez Tizón de Tui elaboraron esta homenaxe a Xosé
María Díaz Castro no Día das Letras Galegas 2014. Buscando rememorar o carácter
de tradutor políglota do autor de
Nimbos, pretendíase atopar tradutoras ou tradutores a
outras linguas do seu emblemático poema “
Penélope”.
As 30 linguas representadas son: castelán, éuscaro, catalán, asturianu, aranés, portugués,
francés, checo, grego clásico, holandés, inglés, italiano, latín, oshiwambo, quechua,
romanés, ruso, suahili, sueco, urdu, xaponés, chinés, búlgaro, polaco, alemán, hindi,
árabe e mapuche. Con elas elaboráronse paneis para a súa exposición, ilustrados,
principalmente, polo alumnado do Monte Carrasco, material logo compilado e
presentado por Seila Acuña Ferradanes, tamén deste centro.
Interesantísimo exemplo dun traballo que serve para implicar o alumnado en traballos
culturais que agrandan os horizontes máis alá das fronteiras da Galicia e que fan ver
como o galego é tamén unha lingua universal.