Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2017

Imos ó teatro: achegámonos a Cousas de Castelao

O pasado venres 10 de febreiro, uns douscentos alumnos de 1º e 4º de ESO asistiron na Casa da cultura a unha representación teatral baseada no clásico da literatura gallega  Cousas , de Castelao. Nesta proposta teatral da man de Os Quinquillans tentouse ser fiel á obra, publicada en 1926, e composta por pequenos relatos que o autor de Rianxo ilustraba cun debuxo. Na esencia de Cousas está a sociedade galega, o retrato dunha época afastada no tempo, pero con moito de global e atemporal. A montaxe provocou en moitos momentos o riso, posto que Castelao manexaba coma ninguén a retranca, a comedia, a farsa; mais tamén estivo moi presente a tristura e a traxedia, sentimentos variados que se desprenden da obra. Apareceron en escena relatos tan coñecidos como "O pai do Migueliño", que recrea a dureza da emigración, unha temática que tristemente segue a resultar actual; ou o "Rifante", que despois de coñecer o éxito non soubo xestionar unha época mala e cría que a verg...