CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR CAGHO CO MEDO A Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos organiza o concurso de microrrelatos de terror CAGHO CO MEDO . Con esta iniciativa de escrita creativa, queremos espertar en vós o gusto por escribir e axudarvos a matar o medo á páxina en branco. Queremos que leades pero tamén que escribades sen medo. Porque a literatura é territorio dos valentes, ven escribir e non caghes de medo. BASES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR CAGHO CO MEDO 1. PARTICIPANTES Poderán participar as alumnas e os alumnos de 1º ESO do IES Antón Alonso Ríos. 2. DATAS DO CONCURSO venres 26 de outubro : o alumnado que voluntariamente participe neste concurso literario acudirá ao salón de actos do instituto co seu ordenador na 2ª hora de clase. O proceso de escrita durará toda a sesión, de 9:50 a 10:40 horas. luns 29 de outubro : exposición n...