Saltar ao contido principal

Ler poesía... nunha Aplicación instantánea

Toca o timpre. Final da terceira hora de clase. Recreo. E nun instante, coma catro ou cinco clics na pantalla do teu móbil, chegan á biblioteca do instituto os valentes que saben que non lles vai pasar nada por ler poesía. Ben ao contrario. Chegan rápido e sorrintes. Algúns xa oíran falar deste e doutros libros de Carlos Negro. Agora era o momento para charlar sobre Aplicación instantánea

Cadaquén trouxo escollido o poema que máis o rabuñou cos versos. Foi un xeito ameno de improvisar un recital e traducir a subxectividade das letras ao estilo propio, ese que é único e persoal. 

Os regaliños para a lectura recitada máis expresiva estaban listos, e aquí deixamos unha proba. 

Por certo, os máis maiores do Club tamén lle chantaron o dente a Ninguén morreu de ler poesía, de María Lado e Lucía Aldao, e suxeríronnos que o escollamos para o próximo ano, que seica lle pode gustar a máis xente do instituto. (Anota queda.)