Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2024

A radio dos avós

Este ano centramos o noso proxecto de investigación na radio dos avós e o alumnado que traballou arreo foi o de 4º ESO. Para conseguir o produto final, previamente tiveron que entrevistar aos seus avós coa finalidade de coñecer o impacto que tivo a radio nas súas vidas cando eran novos, facendo un vídeo. Posteriormente elaboraron un guión radiofónico no que analizaron e extraeron algunhas das frases dos seus avós que logo incorporaron ao seu traballo radiofónico. Finalmente chegou o momento de difundir os coñecementos adquiridos e as súas propias reflexións mediante o uso da radio. Para iso recibiron unhas pequenas nocións técnicas do uso da mesa de mesturas e do editor de son “Audacity” para ser eles os protagonistas destes programas de radio que podedes escoitar no seguinte enlace.  Eles realizaron a búsqueda de información, a selección,  a creación e a difusión dela, tan importante este proceso  hoxe en día, é dicir, traballo específico de alfabetización docume...