Este ano centramos o noso proxecto de investigación na
radio dos avós e o alumnado que traballou arreo foi o de 4º ESO. Para conseguir
o produto final, previamente tiveron que entrevistar aos seus avós coa
finalidade de coñecer o impacto que tivo a radio nas súas vidas cando eran
novos, facendo un vídeo.
Posteriormente elaboraron un guión radiofónico no que
analizaron e extraeron algunhas das frases dos seus avós que logo incorporaron
ao seu traballo radiofónico.
Finalmente chegou o momento de difundir os
coñecementos adquiridos e as súas propias reflexións mediante o uso da radio.
Para iso recibiron unhas pequenas nocións técnicas do uso da mesa de mesturas e
do editor de son “Audacity” para ser eles os protagonistas destes programas de
radio que podedes escoitar no seguinte enlace.
Eles realizaron a búsqueda de información, a
selección, a creación e a difusión dela, tan importante este
proceso hoxe en día, é dicir, traballo específico de alfabetización
documental nas competencias ALFIN/AMI e emprego do traballo cooperativo
Aparte disfrutaron da maxia da
radio, a concentración de estar en silencio diante dos micrófonos, o incansable
traballo en equipo para que o seu produto fose o ideal. Non podemos
esquecer que o traballo ten como base a relación interxeracional que se
creou cos seus avós e aprendizaxe histórica dos tesouros familiares que lles
foron transmitidos.