A Biblioteca acaba de adquirir a última entrega das aventuras do famoso mago. Publicada o día 21, o 22 no recreo xa estaba á vosa disposición no andel de "novidades"... Estaba, porque evidentemente xa non está: todos os exemplares se emprestaron ese mesmo día. Harry Potter ou o pracer de discutir cos amigos ... por Puri Ameixide , profesora de Lingua e responsábel da Biblioteca Comecei a ler HP un pouco por obrigación: era o que lían os meus alumnos e alumnas, eu traballaba na Biblioteca Escolar, coidei que debía coñecelo, anque non me atraía en absoluto a temática. En xeral a literatura fantástica soe aburrirme e non encontro nela nada que non estea xa, e moito mellor contado, en O Señor dos Aneis . Como a serie ía xa bastante avanzada, lin os tres primeiros tomos dunha tacada e sufrín a espera do tomo seguinte cada ano, intercambiando teorías cos meus alumnos, vendo confirmadas as miñas sospeitas, gozando inmensamente con esa frase que lle fai crer a quen a pronuncia que t...
Blog da Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos - Tomiño