A Biblioteca acaba de adquirir a última entrega das aventuras do famoso mago. Publicada o día 21, o 22 no recreo xa estaba á vosa disposición no andel de "novidades"... Estaba, porque evidentemente xa non está: todos os exemplares se emprestaron ese mesmo día.
Agora publícase o desenlace, anque na miña opinión está moi por debaixo da gran calidade do tomo III, gran favorito da maioría dos lectores, e do tomo V, que a min persoalmente cada día me gusta máis.
Harry Potter ou o pracer de discutir cos amigos ... por Puri Ameixide, profesora de Lingua e responsábel da Biblioteca
Comecei a ler HP un pouco por obrigación: era o que lían os meus alumnos e alumnas, eu traballaba na Biblioteca Escolar, coidei que debía coñecelo, anque non me atraía en absoluto a temática. En xeral a literatura fantástica soe aburrirme e non encontro nela nada que non estea xa, e moito mellor contado, en O Señor dos Aneis.
Como a serie ía xa bastante avanzada, lin os tres primeiros tomos dunha tacada e sufrín a espera do tomo seguinte cada ano, intercambiando teorías cos meus alumnos, vendo confirmadas as miñas sospeitas, gozando inmensamente con esa frase que lle fai crer a quen a pronuncia que ten superpoderes: "Xa cho dicía eu!" Creo que aí residía o segredo do éxito da serie: na espera do tomo seguinte imaxinando o que pasaría nel e discutíndoo cos amigos.
Como a serie ía xa bastante avanzada, lin os tres primeiros tomos dunha tacada e sufrín a espera do tomo seguinte cada ano, intercambiando teorías cos meus alumnos, vendo confirmadas as miñas sospeitas, gozando inmensamente con esa frase que lle fai crer a quen a pronuncia que ten superpoderes: "Xa cho dicía eu!" Creo que aí residía o segredo do éxito da serie: na espera do tomo seguinte imaxinando o que pasaría nel e discutíndoo cos amigos.
Agora publícase o desenlace, anque na miña opinión está moi por debaixo da gran calidade do tomo III, gran favorito da maioría dos lectores, e do tomo V, que a min persoalmente cada día me gusta máis.
O tomo V non me parece literatura fantástica en absoluto. Contén unha fascinante análise, moi completa e lúcida, dos mecanismos de poder de calquera sociedade complexa, o papel dos medios de comunicación, o dilema moral de elixir entre medrar socialmente ou rebelarte contra a inxustiza, a necesidade de madurar e aceptar as propias contradicións, así como as experiencias básicas de todo ser humano: o amor e a morte.
E sobre todo, a perplexidade de descubrir que o Ben e o Mal non están tan separados, e entre un e outro hai unha infinidade de matices, expresados cando Sirius lle di a Harry a frase máis xenial de toda a saga: "O mundo non se divide en boas persoas e mortífagos..."