Saltar ao contido principal

Concurso de debuxo “O PAPASOL”

1. A Biblioteca do IES de Tomiño, en colaboración co departamento de Debuxo, convoca un concurso para deseñar a súa mascota, que será un papasol ou xoaniña.

2. Todo o alumnado do centro pode participar, establecéndose tres categorías, cada unha co seu premio:

categoría A: Primeiro Ciclo de ESO
categoría B: Segundo Ciclo de ESO e Ciclos Formativos
categoría C: Bacharelato

3. Os debuxos realizaranse en formato DIN-A-3, nun modelo que se recollerá en Conserxería. No DIN-A-3 que se facilite aos participantes, estes deberán debuxar un papasol ou xoaniña de fronte, de perfil e de costas. As imaxes creadas poderán ser realistas ou imaxinarias, e a técnica tamén será libre: rotuladores, ceras, pinturas de cores, etc.

4. Nos orixinais non se porá o nome do autor: na parte de atrás pegarase un sobre pechado, e no sobre constará, por fóra, un seudónimo e a categoría pola que participa (A,B, ou C). No interior do sobre escribirase o seudónimo e o nome verdadeiro do concursante, apelidos e curso-grupo ao que pertence.

5. Os orixinais entregaranse na Biblioteca, e o prazo de entrega rematará o mércores 30 de abril ás 12:50 (cambio de clase de 4ª a 5ª hora)

6. O xuri estará formado pola profesora responsábel da Biblioteca, un representante do alumnado, un representante do Equipo Directivo e un representante do Departamento de Debuxo.

7. Haberá un premio para cada categoría, consistente nun vale por 20 euros para utilizar nunha libraría de Tomiño, pero se os orixinais non tivesen a calidade necesaria poderá outorgarse un único premio.

8. Os traballos presentados serán propiedade da Biblioteca, con dereito a usalos nas actividades que organice, así como no blog da Biblioteca Escolar, O Papasol.