Este ano centramos o noso proxecto de investigación na ciencia dos avós e o alumnado que traballou arreo foi o de 4º ESO. Para conseguir o produto final, previamente tiveron que entrevistar aos seus avós coa finalidade de coñecer como a ciencia está presente nas súas vidas en tarefas moi cotiás como pode ser facer o viño, o licor de café, o uso da cociña de leña, a elaboración de xabróns, etc. facendo un vídeo. Posteriormente elaboraron un guión radiofónico no que analizaron e extraeron algunhas das frases dos seus avós que logo incorporaron ao seu traballo radiofónico. Finalmente chegou o momento de difundir os coñecementos adquiridos e as súas propias reflexións mediante o uso da radio. Para iso recibiron unhas pequenas nocións técnicas do uso da mesa de mesturas e do editor de son “Audacity” para ser eles os protagonistas destes programas de radio . Aquí tedes unha selección deles XABRÓNS ARTESANAIS ...
Blog da Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos - Tomiño