Saltar ao contido principal

Magosto o próximo luns


Este luns, 23 de novembro, celebraremos o Magosto coas seguintes actividades:


· 11:30 RECREO
· Asar castañas no cobertizo: A cargo do alumnado de 1º de forestais, coordenados polo profesor Tito Davila. As castañas véndense a 1 €.
· Péchanse as aulas: Non se voltarán a abrir ata as 14:15
· O profesorado e o alumnado encargado de cada actividade vai preparándose para que as actividades poidan dar comezo a partires das 12:00

· 12:00 COMEZO DAS ACTIVIDADES

· TALLER DE CABAZAS
o O alumnado participante subirá á aula de plástica, onde poderán comezar a elaborar as súas cabazas.
o A partir das 13:00 as cabazas serán baixadas ó vestíbulo, onde se montará unha exposición con elas.
o O xurado fará as puntuacións e outorgará os premios.

· A CASTAÑA MÁIS GRANDE DO MUNDO
o Quedará instalado o Stand do Departamento de Física e Química no vestíbulo do Instituto. O alumnado participante entregará as súas castañas, que serán rexistradas, medidas e pesadas.

· CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
o Proxección das fotografías no vestíbulo
o Deliberación do xurado

· CONCURSO DE POSTRES
o Colocación dos postres nas mesas da cafetería para exposición.
o Deliberacións do xurado

· XOGOS TRADICICONAIS: De 12:00 a 14:00


· XOGOS DE EQUIPO. De 12:00 a 14:00


· 13:00 Proclamación dos gañadores


Tralas deliberacións, os xurados proclaman ós gañadores/as dos concursos de cabazas, fotografía, a castaña máis grande, postres e relatos de medo. Os resultados daranse pola megafonía do centro.


· Os xogos tradicionais e de equipo seguen ata as 14:00 h.

· 14:15 Subimos ás aulas
Soa o timbre e todo o mundo se dirixe ás aulas. Cada grupo á súa co profesor/a correspondente. Pásase lista. O alumnado que non queda a comer sairá cando volva a sonar o timbre. O alumnado que queda a comer sairá uns minutos despois.

· 14:30: Comemos.
Se non chove, en calquera parte do exterior e na planta baixa .

· 16:00: karaoke
· Comeza o karaoke no ximnasio.
· Se hai alumnado interesado, pódese seguir cos xogos de equipo.

· 16:30
Chega o alumnado que non quedou a comer. Diríxense a clase, onde se pasará lista, e poderán baixar para incorporarse ás actividades.


· 17:30 Limpeza
Sona o timbre. Cesan todas as actividades. Cada gupo se reune co profesor ou profesora que lle corresponda a esa hora, quen dirixirá as tarefas de limpeza da zona que teña asignada o grupo.

· 18:00 Todos para clase
Dirixímonos todos ás aulas correspondentes, onde se pasará lista.

· 18:10: Fin de festa.