Saltar ao contido principal

sen clase ata novo aviso

Como xa sabedes, o temporal causou danos importantes no noso centro:

Danou moito a cuberta do instituto, especialmente na zona da biblioteca:


Afortunadamente a maioría dos nosos fondos, equipos informáticos, etc. salváronse, os danos son principalmente estruturais.

Os traballos de desescombro e limpeza foron intensos ao longo de toda a xornada de hoxe domingo.

Cómpre botar unha cuberta nova en todo o centro. Este traballo faríase pronto se deixase de chover, o problema é que o tempo non está axudando.

Así que manteñamos a calma e esteamos atentos aos medios de información para saber cando se reanudarán as clases... que non vai ser mañá.