O Premio Nobel é un galardón moi codiciado pero tamén moi polémico, que entrega todos os anos a Academia Sueca. Segundo deixou escrito Alfred Nobel no seu testamento, o Premio Nobel de Literatura débese entregar cada ano a aquela persoa que produza a obra literaria máis destacada na dirección ideal, pero hai moito tempo que a crítica literaria opina que non se está facendo así e é evidente que moitos autores mundialmente recoñecidos nunca recibiron un Nobel aínda que o merecían de sobra. Así que se nunca gañas un Nobel non te preocupes: estarás en compañía de Tolstoi, Proust, Joyce, Nabokov, Kafka, Borges, Cortázar...
Este ano o galardón será para Mario Vargas Llosa, autor de obras narrativas, ensaísticas e teatrais de repercusión mundial, algunhas delas levadas ao cine. Vén a coñecer a obra de Vargas Llosa na nosa biblioteca.