O xoves 24 de febreiro, Día de Rosalía, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza unha lectura simultánea de textos rosalianos en varias cidades e vilas do país. Estes actos están abertos a todo o público que queira asistir, enviando previamente un correo electrónico á oficina at aelg.org para confirmar que poema vai ler cada asistente, e evitar así eventuais repeticións.
- Santiago de Compostela: Panteón de Galegos/as Ilustres, San Domingos de Bonaval, 19:00 horas.
- A Coruña: Kiosko Alfonso, 19:00 horas.
- Vigo: Casa Galega da Cultura, 20:00 horas.
- Lugo: Museo provincial, 19:30 horas.
- Betanzos: Salón azul do Edificio do Liceo, 20:00 horas. Colabora a A. C. Eira Vella.
- Ferrol: Galería Sargadelos, 19:00 horas.
- Ourense. Libraría Torga, 18.00 horas (en colaboración con Gremio LiterAuria).
- Pontevedra. Libraría Michelena, 20:00 horas.