Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2011

O polémico retorno de Guillermo de Baskerville

      O escritor italiano Umberto Eco volveu a escribir a novela que lle deu fama, El nombre de la rosa , para facela máis accesible ás novas xeracións. O obxectivo é que os que só coñecen a obra por fragmentos lidos en internet poidan lela completa sen dificultade.       A novela publicouse por primeira vez en 1980, é un auténtico éxito de vendas traducido a máis de 47 linguas e moitos a consideran un dos cen títulos fundamentais do século XX.       En  El nombre de la rosa  dous monxes, o franciscano Guillermo de Baskerville (personaxe baseado no filósofo Guillermo de Occam e no detective literario Sherlock Holmes) e o seu pupilo, Adso de Melk, investigan unha serie de asasinatos nun mosteiro benedictino, todos eles relacionados cun libro prohibido. En 1986, o cineasta francés Jean-Jacques Annaud rodou unha adaptación cinematográfica, con Sean Connery no papel de Baskerville e Christian Slater como ...

Contos estraños

A nosa iniciativa favorita deste mes é a que nos chega da man de Contos Estraños e consiste na procura de novos escritores e ilustradores para comezar con este proxecto editorial. Aceptan toda clase de orixinais relacionados co mundo do estraño, o fantástico e o grotesco. Nos textos, os formatos preferidos son o conto e a novela curta (estas últimas publicaranse por entregas). Os textos deben ir escritos en galego, ou, no caso de estaren escritos noutra lingua e interesen para a súa publicación, a súa tradución correrá por conta do autor. Xunto co orixinal debe entregarse unha breve sinopse e unha pequena reseña biográfica. A recepción de orixinais farase no correo electrónico contosestranhos@gmail.com , pero podes ampliar esta información e seguir a evolución desta iniciativa desde a páxina  Contos estraños que queda agregada aos nosos favoritos.

Eu tamén leo... Los hijos de la Tierra

Agora que regresamos despois dos meses de verán, nos que tivemos tempo de ler á nosa vontade, os profesores e profesoras do centro coméntannos as súas lecturas vacacionais. Hoxe Carlos Villanueva, profesor de Bioloxía , fálanos da serie LOS HIJOS DE LA TIERRA, de JEAN M. AUEL :        Moitos fomos os que sucumbimos nos anos oitenta ao atractivo da historia da nena Cromagnon criada por Neanderthais. Tratábase dunha novela sen gran valor literario, pero moi dinámica, escrita con corrección e, sobre todo, que trataba un tema de gran atractivo para calquera estudante de Bioloxía, a saber, a posible convivencia entre as dúas variedades de homes que ocuparon Europa e Asia Menor durante os últimos períodos glaciais. A autora facía gala dun exhaustivo labor de documentación, e na obra non faltaban referencias aos achádegos arqueolóxicos e estudos sobre a industria lítica máis importantes e avanzados do momento.        Trinta anos des...