O escritor italiano Umberto Eco volveu a escribir a novela que lle deu fama, El nombre de la rosa, para facela máis accesible ás novas xeracións. O obxectivo é que os que só coñecen a obra por fragmentos lidos en internet poidan lela completa sen dificultade.
A novela publicouse por primeira vez en 1980, é un auténtico éxito de vendas traducido a máis de 47 linguas e moitos a consideran un dos cen títulos fundamentais do século XX.
En El nombre de la rosa dous monxes, o franciscano Guillermo de Baskerville (personaxe baseado no filósofo Guillermo de Occam e no detective literario Sherlock Holmes) e o seu pupilo, Adso de Melk, investigan unha serie de asasinatos nun mosteiro benedictino, todos eles relacionados cun libro prohibido. En 1986, o cineasta francés Jean-Jacques Annaud rodou unha adaptación cinematográfica, con Sean Connery no papel de Baskerville e Christian Slater como Adso de Melk.
O próximo 5 de outubro sae á venda a nova versión, adaptada polo autor, alixeirada das pasaxes máis densas para que os lectores do século XXI, cada vez máis dixitalizados e rápidos, poidan saborear o misterio e o encanto desta famosa novela...
Amplía esta información aquí
Entéirate da polémica que suscita aquí