Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2013

Pi ...

Hoxe propoñémosvos ver esta curta, que o pasedes ben! Corto PIPAS from Manuela Moreno on Vimeo .

Verdade ou mentira?

Hai moitas noticias falsas en Internet, algunhas disparatadas, outras interesantísimas... Propoñémosvos un xogo que consiste en descubrir se a seguinte nova é certa ou é un " bluff " (noticia falsa difundida na Rede). A nova sería algo así: "O libro que se autodestrúe" Para que os libros non teñan que esperar para ser lidos, a editorial independente arxentina Eterna Cadencia lanzou un orixinal proxecto denominado "O libro que non pode esperar". O texto desaparece aos 60 días de ser aberto! Os libros están selados pero cando o futuro lector quita o envoltorio e as follas entran en contacto co aire, a tinta comeza a desaparecer. Nese momento empeza a conta atrás e o lector ten só sesenta días para ler a obra antes de que as follas queden en branco. O inconveniente é que coas letras desaparece tamén a posibilidade de volver gozalo... Pois si, por incrible que pareza era VERDADE

Redes sociais educativas

Un equipo integrado por persoas de varios países afincados en Madrid lanza unha rede social que funciona como canle educativa informal, pondo en contacto a expertos e persoas que buscan mellorar a súa formación. A plataforma, chamada Skidsy , aspira a converterse nunha escola social onde a educación estea ao alcance de todos os cidadáns. A páxina web ofrece un amplo listado de escolas ou áreas onde todos os cursos, ideas e talleres propostos teñen cabida. "Skidsy xurdiu co obxectivo de brindar á sociedade unha nova forma de educar e aprender, onde todos os individuos teñan a posibilidade de atopar o seu verdadeiro talento", sinala o director xeral executivo e fundador do proxecto, Brian Miguel. O proxecto xa conta con máis de 2.000 usuarios e un catálogo de 500 cursos dispoñibles en toda a xeografía española. Skidsy espera consagrarse como a maior sociedade de aprendizaxe en toda a Península coa súa próxima expansión en Portugal.