Saltar ao contido principal

Redes sociais educativas

Un equipo integrado por persoas de varios países afincados en Madrid lanza unha rede social que funciona como canle educativa informal, pondo en contacto a expertos e persoas que buscan mellorar a súa formación. A plataforma, chamada Skidsy, aspira a converterse nunha escola social onde a educación estea ao alcance de todos os cidadáns. A páxina web ofrece un amplo listado de escolas ou áreas onde todos os cursos, ideas e talleres propostos teñen cabida. "Skidsy xurdiu co obxectivo de brindar á sociedade unha nova forma de educar e aprender, onde todos os individuos teñan a posibilidade de atopar o seu verdadeiro talento", sinala o director xeral executivo e fundador do proxecto, Brian Miguel. O proxecto xa conta con máis de 2.000 usuarios e un catálogo de 500 cursos dispoñibles en toda a xeografía española. Skidsy espera consagrarse como a maior sociedade de aprendizaxe en toda a Península coa súa próxima expansión en Portugal.