Saltar ao contido principal

Verdade ou mentira?

Hai moitas noticias falsas en Internet, algunhas disparatadas, outras interesantísimas...
Propoñémosvos un xogo que consiste en descubrir se a seguinte nova é certa ou é un "bluff" (noticia falsa difundida na Rede). A nova sería algo así:

"O libro que se autodestrúe"
Para que os libros non teñan que esperar para ser lidos, a editorial independente arxentina Eterna Cadencia lanzou un orixinal proxecto denominado "O libro que non pode esperar". O texto desaparece aos 60 días de ser aberto!
Os libros están selados pero cando o futuro lector quita o envoltorio e as follas entran en contacto co aire, a tinta comeza a desaparecer. Nese momento empeza a conta atrás e o lector ten só sesenta días para ler a obra antes de que as follas queden en branco.
O inconveniente é que coas letras desaparece tamén a posibilidade de volver gozalo...



Pois si, por incrible que pareza era VERDADE