A recente concesión do Premio Nobel de Literatura por parte da Academia Sueca a Bob Dylan, un músico que a pesar de ser cualificado pola prensa estadounidense dos anos 60 como un "gran poeta" non deixa de ser un músico, fainos dubidar sobre se a literatura alóxase só en librerías e bibliotecas. Son claros os vínculos das cancións coa primitiva literatura oral e é moi certo que moitos artistas e público vense reflectidos na visión do mundo que Dylan transmite a través das súas letras; mais tamén o é que hai tantos e tantos escritores que merecen este premio e que terán que seguir agardando.
Mentres polemizamos sobre estas cuestións e sobre se irá recoller o premio, esperaremos o 10 de decembro escoitando a súa música. Parabéns, Dylan.
Mentres polemizamos sobre estas cuestións e sobre se irá recoller o premio, esperaremos o 10 de decembro escoitando a súa música. Parabéns, Dylan.