Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2016

O IES de Tomiño chámase IES Antón Alonso Ríos

Como sabedes, nestes primeiros meses de curso estivemos pronunciándonos sobre se o noso centro seguía denominándose co nome da localidade na que se sitúa ou se adoptaba o dalgunha personalidade de relevo vinculada ao noso municipio, nunha toma de decisión que reflectiron os medios de comunicación, tanto a televisión  como a prensa . Case 3000 votos emitíronse, a maioría deles desde a páxina web do centro. A elección do nome do maestro, escritor e político galeguista Antón Alonso Ríos foi apoiada polo 36% das persoas. A defensora das mulleres e dos movementos campesinos, Isaura Gómez, foi o segundo nome máis votado, cun 34%. O mantemento do actual nome, IES de Tomiño, foi a opción preferida dos alumnos e persoal do centro, mais a terceira en número de votos totais (29%). Antón Hipólito Alonso Ríos (Camporrapado- Silleda, 1887 - Bos Aires, 1980) representa unha loita incansable alentada polo compromiso coa plena soberanía de Galicia, o seu recoñecemento como nación e...

As festas do outono.

O pasado luns pola tarde celebramos no instituto unha mestura de Magosto e Samaín nunha festa á que xa nos afixemos nos últimos anos. Moitos alumnos e profesores comemos no centro os saborosos bocadillos e as castañas que prepararon os alumnos de Forestais e as pizas e sobremesas cuxa esmerada elaboración debemos aos alumnos de 4º ESO que este ano irán de viaxe de fin de etapa. Os que quixeron participaron en deportes tradicionais, animáronse co sempre exitoso karaoke ou se presentaron a algún concurso (cabazas, fotografía...). Todo isto, aderezado coa colorida ambientación que correu a cargo do alumnado e profesores de Plástica.  E, como o de atoparnos os vivos e os mortos nalgún punto do camiño gústanos tanto, xa temos unha escusa perfecta para ler un libro de terror ou fantasmagórico. Todos estes podedes vir buscalos á biblioteca. Relatos breves, contos, lendas... El fantasma de Canterville y otros cuentos , de Óscar Wilde (andel 156, en español). Os Relatos de ...