O pasado mes de novembro de 2016 Tomiño elixiu por votación popular recoñecer a labor e a aportación do persoeiro Anton Alonso Ríos bautizando o noso instituto co seu nome.
Estes días o Concello celebra no noso centro unhas xornadas adicadas a rendir tributo e lembranza a esta figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República.
Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde foi quen de cursar maxisterio, mostrando dun xeito temprano un grande interés polo ensino, e estudou da mán de un dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión.
Desenvolveu a súa vocación educativa na Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista.
De volta en Galicia foi director da escola da emigración “Aurora do Porvenir” de Tomiño. Os seus métodos innovadores no ámbito do ensino e a actividade desenvolvida nesa escola, baseados no aprendizaxe a través da experiencia, do aprender facendo, e da posta en marcha de métodos de ensino traidos doutros lugares do mundo fixeron que a reputación da Aurora do Provenir e do seu traballo traspasara fronteiras e foran ben coñecidos en boa parte de Galicia e outros lugares de Europa, convertindoa nunha encola de vanguarda no ensino rural.
A actividade política de Antón Alonso Ríos destaca polo seu tesón no impulso dun modelo de desenvolvemento e transformación do rural a través do ensino orientado ao agro. O seu discurso político do impulso da igualdade social nun rural próspero levouno a formar parte das Cortes de 1936 como diputado.
O Golpe militar e o conflicto bélico fixeron que a súa vida e a da súa familia estivera comprometida. Durante máis de dous anos sobreviviu percorrendo a xeografía galega facendose pasar polo esmoleiro portugués Sr. Afranio, até que foi quen de chegar a Portugal e de ahí de volta á Bos Aires, onde chegou como exiliado político. Faleceu en 1980 sendo o máximo representante do Consello de Galicia.
Na actualidade a súa obra literaria sobre educación e política é estudiada por historiadores e profesionais da educación. Os seus antigos alumnos de Tomiño, de moi avanzada idade, aínda lle lembran como o gran mestre que foi.
Tomiño rinde merecido tributo ao seu gran mestre, a partires do martes 3 de outubro. A Alcaldesa de Tomiño destaca estas xornadas como imprescindibles e fundamenta a aposta do goberno local nesta inciativa no convencemento de que o futuro exitoso dun pobo pasa irremediablemente polo coñecemento e lembranza da súa historia.
A programación das Xornadas Antón Alonso Ríos pode consultarse na web e redes sociais municipais.
PROGRAMACIÓN:
– Martes 3 de outubro, ás 11.30h
Inauguración das Xornadas, coa participación dos alumnos e alumnas do IES Antón Alonso Ríos
– Mércores 4 de outubro, ás 19:00h
Relatorio “Antón Alonso Ríos, O percurso dun activista entre dous mundos” a cargo de Xosé Manoel Núñez Seixas
– Xoves 5 de outubro, ás 19:00h
Relatorio “Antón Alonso Ríos: Ensino, Política e Conciencia cidadá” a cargo de Xosé Manuel Malleiro Gutiérrez
– Venres 6 de outubro, ás 19:00h
Proxección do documentario “Siños Afranio”
Mesa Redonda coa participación de:
– Victor Aparicio “Coyote”, Director do documentario
– Diego Clemenz: neto de Antón Alonso Ríos
– Mario Rodríguez Gómez: amigo da familia
– Xulio Carballo: sobriño neto de Antón Alonso Ríos
Exposición durante todas as xornadas “Antón Alonso Ríos. Política e pedagoxía para un país”Máis información e inscricións en tomino.gal. Aforo limitado 100 persoas.