O
día 24 de outubro celébrase en todo o mundo o Día das Bibliotecas:
vén a celebralo connosco!
1 Envíanos
unha foto da túa biblioteca a btomino@gmail.com.
Trátase de facer unha foto do recuncho da túa casa onde tes os teus
libros, non fai falla que sexan moitos: dous libros xa son unha
biblioteca! Non esquezas pór no título da mensaxe "concurso 24
outubro" e no texto da mensaxe poñer o teu nome, apelidos e
curso-grupo (se es profe ou persoal laboral do centro, pon o teu
departamento ou posto de traballo)
2 Grávate
nun pequeno video (non hai mínimo de duración) dicindo cal é o teu
libro favorito e explicando por que ou se o prefires lendo un
fragmento. Tráeo nun pendrive para copialo na biblioteca ou, se pesa
pouco, podes envialo por correo á mesma dirección,
btomino@gmail.com,
como se indicou no punto anterior.
Corre,
que o prazo
remata o día 23 de outubro ás 14:30
e todos os participantes de ambas modalidades recibirán un agasallo!