O IES Antón Alonso Ríos
(Tomiño) organiza, o mércores 27 de febreiro, un encontro literario
co dramaturgo galego Rubén Ruibal.
O alumnado de 4º ESO, lector
da obra Limpeza de
sangue, pola que o
autor recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática do
Ministerio de Cultura en 2007, conversará con Ruibal sobre as
amizades inamixables nunha cidade galega quizais si imaxinable que se
retrata no seu libro. A trama sitúase na cidade herculina na época
do boom inmobiliario e nela trátanse temas como a corrupción, a
drogadicción ou a delincuencia a través, sobre todo, da amizade de
dúas personaxes de distinta clase social pero igualadas pola
enfermidade.
O encontro, que comezará ás
12:50 horas, terá lugar no salón de actos do IES Antón Alonso
Ríos.