
Este material foi adquirido co orzamento pola participación do noso centro no proxecto 21 días co galego e máis 2020 (#diascogalegoemais). Con el, o equipo de Biblioteca, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais o Departamento de Lingua Galega e Literatura crearon no centro un espazo maker de gravación á disposición de todos os departamentos didácticos e, por suposto, para todo o alumnado.
Xa sabedes: luces, cámara... ACCIÓN!
Se queredes saber como gravar vídeos co efecto croma, aquí vos queda a explicación do noso propio alumnado: