Saltar ao contido principal

Lazadas lectoras de Nadal

Neste Nadal, a Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos anímavos a levar para as vosas casas os libros que vos presten. Eles son un agasallo digno da mellor lazada. 

Pide o teu paquete cuns libros concretos, cunha temática do teu gusto ou, se queres aumentar a emoción de abrir o agasallo, solicita un  paquete lector sorpresa. 

 Encarga a túa lazada lectora enviando un email a btomino@gmail.com. Indícanos:

- Nome  e apelidos.

- Curso e clase:

- Se es familiar, nome e apelidos do/a alumno/a matriculado no centro.

- Se es persoal do centro, departamento: 

 Antes do Nadal, recibirás a túa lazada lectora.


 

O MÁIS VISTO

A arte de narrar, con Puri Ameixide

A profesora Puri Ameixide xuntouse na nosa biblioteca cos seus lectores de Claro de lúa , a súa última novela publicada. Este pasado venres día 13 de decembro, o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu á charla titulada "A arte de narrar: Claro de lúa ". Deixamos neste vídeo un resumo do encontro coa autora, un momento cheo de sorrisos. 

Conversa sobre A neta do señor Linh

Os luns, de cando en cando, son días de Club. Porque o luns 26 de novembro tamén se xuntou o club de lectura de adultos do IES Antón Alonso Ríos.  Á cita das 7 do serán chegaron os compoñentes logo dunha lectura que lles resultou grata, entrañable e tamén triste e potente. Quen máis quen menos soubo dende ben pronto dos xogos do autor coa nosa lectura, mais deixámonos levar coas súas pistas pasadías, como as greas de xente que arrastraban pola urbe ao noso protagonista, un señor Linh que situamos xeograficamente pero que logo localizamos en moitos lugares posibles, en calquera do que ás veces é preciso ou urxente fuxir.  Agradounos especialmente como a verdadeira amizade sobrepasou as barreiras idiomáticas, para tecer lazos, dende a lingua nai de cadaquén, que se asenten nunha linguaxe universal de respecto aos sentimentos e ás emocións, nomeadamente ás que teñen raíces culturais.  Ao remate da sesión, lemos algunhas das pasaxes que nos rabuñaron a medula e, así, co sa

Club de Lectura 2021/2022: preinscrición

Volve o Club de Lectura da Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos! Continuamos adaptándonos aos protocolos sanitarios pero non deixamos de ter ganas de ler e de debater despois. E neste curso esperemos que nada impida que fagamos unha saída extraescolar en xuño. Podes ler aquí información xeral sobre a organización durante este curso 2021/2022.  Para participar, tes que preinscribirte cubrindo o seguinte formulario, antes do 15 de outubro. Tamén podes pasar pola Biblioteca e anotarte alí mesmo.     Cargando…