Saltar ao contido principal

Lugares emblemáticos de Galicia e curiosidades de Portugal


   

 Aquí tedes unha mostra do traballo realizado polo alumnado das materias de Oratoria e Portugués de 3º ESO, despois de recibir a formación de Damián Alonso, membro da asociación  Ponte nas Ondas.. Ao longo deste proxecto, os estudantes investigaron, prepararon e expuxeron información sobre algúns dos lugares máis emblemáticos de Galicia, destacando o seu valor histórico, cultural e natural. Ademais, complementaron este percorrido con curiosidades sobre Portugal, descubrindo aspectos singulares da súa cultura, tradicións, gastronomía e patrimonio.

    Este traballo permitiulles desenvolver habilidades de investigación, comunicación oral e expresión en público, ao tempo que afondaron no coñecemento de dous territorios unidos por unha estreita relación histórica, lingüística e cultural. Agardamos que estas presentacións resulten interesantes e que vos inviten a descubrir un pouco máis da riqueza de Galicia e de Portugal.

Torre de Hércules                                            Vinho verde

Río Miño                                                          Lenço dos Namorados

Praia dos cristais                                               Música do Minho

Faro de Fisterra

Lugo