Este ano centramos o noso proxecto de investigación na ciencia dos avós e o alumnado que traballou arreo foi o de 4º ESO. Para conseguir o produto final, previamente tiveron que entrevistar aos seus avós coa finalidade de coñecer como a ciencia está presente nas súas vidas en tarefas moi cotiás como pode ser facer o viño, o licor de café, o uso da cociña de leña, a elaboración de xabróns, etc. facendo un vídeo. Posteriormente elaboraron un guión radiofónico no que analizaron e extraeron algunhas das frases dos seus avós que logo incorporaron ao seu traballo radiofónico.
Finalmente chegou o momento de difundir os coñecementos adquiridos e as súas propias reflexións mediante o uso da radio. Para iso recibiron unhas pequenas nocións técnicas do uso da mesa de mesturas e do editor de son “Audacity” para ser eles os protagonistas destes programas de radio . Aquí tedes unha selección deles
Eles realizaron a búsqueda de información, a selección, a creación e a difusión dela, tan importante este proceso hoxe en día, é dicir, traballo específico de alfabetización documental nas competencias ALFIN/AMI e emprego do traballo cooperativo
Aparte disfrutaron da maxia da radio, a concentración de estar en silencio diante dos micrófonos, o incansable traballo en equipo para que o seu produto fose o ideal. Non podemos esquecer que o traballo ten como base a relación interxeracional que se creou cos seus avós e aprendizaxe histórica dos tesouros familiares que lles foron transmitidos.

.jpg)