Inauguramos esta sección para falar dos libros que nos gustan, das lembranzas que nos traen e os bos momentos que nos fixeron e nos fan pasar. Envíanos as túas colaboracións.
Eu non son de reler libros por Carlos Villanueva (profesor de Bioloxía)
Eu non son de reler libros, pero este tíveno moitos anos sempre perto. Regaloumo un tío da Arxentina cando tiña 13 anos. Xa lera algún capítulo solto en libros de lectura do cole e non me gustara, pero como era un agasallo decidín lelo.
O comezar, o libro cóntanos cómo a xente maior xulga o mundo desde o seu único punto de vista... e equivócase. Así, o autor rompe os nosos prexuízos e nos prepara para o resto da lectura. É entón cando aparece o principiño amosándonos a súa visión do mundo dos adultos, a súa amizade co raposo ou o seu amor incondicional pola roseira. Ao final da lectura, un querería seguir a falar con ese neno de risa engaiolante, collelo da man e acariñalo.