Saltar ao contido principal

LIBROS LIBRES


Desde comezos deste curso vén sendo habitual atopar libros no vestíbulo de entrada á Biblioteca, que podes levar para ti como agasallo.
Estes libros agora levan unha etiqueta BookCrossing, que os identifica. Se queres, podes botar unha ollada á páxina do movemento BookCrossing, onde che explican en que consiste: persoas que desinteresadamente ceden os seus libros para que outros os lean. Nesa páxina podes rexistrarte, buscar libros, acudir aos lugares onde se anuncia que se van "liberar" libros, participar no foro...
Se liberas algún libro podes seguir a súa viaxe ao redor do mundo: quen o colleu, a onde o levou... Nunca se sabe, un dos teus libros pode acabar en Australia, xa se ten dado o caso.
É moi interesante, mira aquí ou no vestíbulo da Biblioteca, onde atoparás a Mesa de Liberación con exemplares novos todas as semanas.
Se necesitas axuda para liberar algún libro pídea na Biblioteca a través do Buzón de Suxerencias, indicando o teu nome e curso.