Saltar ao contido principal

Escribes?


Lembrámosvos que no vestíbulo de acceso á Biblioteca tedes información útil sobre certames literarios e doutro tipo. Desde aquí animámosvos especialmente a participar no Primeiro Certame Literario CEIP de Sobrada e no Segundo Certame de Poesía "Xela Arias" do IES "A Sangriña" de A Guarda.


Por outra parte, no noso centro chegou o momento de elaborar a revista, Brétema. Este ano, ademais das seccións habituais, de creación literaria, noticias e actividades realizadas durante o curso, artigos de investigación e divulgación interesantes, etc, dende o Equipo de Normalización propóñennos novas seccións:

CARTAS DO LECTOR: Escribide facendo suxerencias, críticas, comentarios sobre o centro, contando as vosas impresións sobre a vida diaria nel...


HUMOR: Rir e moi san. Anécdotas, chistes, contos que fagan sorrir ou rir ás gargalladas...


ENTREVISTAS: A alguén relevante na vida do centro ou da vila.


DEPORTES: Noticias sobre o deporte local. Mozos e mozas do centro que practican un deporte de competición. Entrevistas aos nosos campións e campionas.

Podedes entregar os vosos traballos preferiblemente en soporte informático aos profes de Lingua Galega, ou a calquera membro do Equipo de Normalización (Sara, Cheli, Lechuga, Tito, Marga). Tamén os podedes enviar por correo electrónico o seguinte enderezo, indicando que é un traballo para Brétema, margaritasanz@edu.xunta.es
A extensión máxima dos traballos non debe superar as dúas páxinas en tamaño letra 12 e dobre espazo, e a data límite para entrega de traballos é o 12 de maio.