O venres 16 de maio, a partir das 12:00h., celebraremos o Día das Letras, con actividades do máis diverso: ademais das Exposicións que se montaron no centro (Sobre Xosé Mª Álvarez Blázquez, e en relación cos seus traballos de etnografía e arqueoloxía, reconstrucións de útiles prehistóricos) haberá unha demostración do uso de enerxías tradicionais, aplicadas a unha cociña solar coa que o alumnado de 1º bacharelato nos preparará un chocolate solidario. Leremos o manifesto "Polo dereito a vivirmos en galego" e poemas de Xosé Mª Álvarez Blázquez, colocaremos as tradicionais pedras no Milladoiro das Palabras e admiraremos os Maios elaborados polo alumnado de 1º ciclo de ESO... E moitas cousas máis, por exemplo unha actuación musical sorpresa dun grupo do profesorado... (Non pode haber festa sen música)
Blog da Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos - Tomiño