Un curso máis o Departamento de Francés organiza o Intercambio Escolar co centro francés Lycée Fénelon de Clermont-Ferrand. O noso grupo estará formado por 39 alumnos e alumnas, de 3º e 4ºESO e de 1º de bacharelato, e tres profesores: Mª Jesús Gándara (Tecnoloxía), Carlos Villanueva (Bioloxía) e Anxos García (Francés). O grupo francés consta de 36 alumnos e alumnas do nivel correspondente a 4ºESO, que cursan a sección europea en español, e tres profesoras. A responsable da actividade en Fénelon é a profesora de español Nadine Corny.
Primeiro terá lugar a estadía do grupo francés en Tomiño, do 10 ao 18 de marzo. Despois será a nosa visita a Clermont, do 19 ao 30 de abril. Na imaxe, vista de Clermont-Ferrand.
Este ano será moi especial, xa que celebramos o décimo aniversario desta actividade, que se vén realizando cada dous anos desde 1998.