Saltar ao contido principal

PROXECTO COMENIUS

Un grupo de profesores do IES de Tomiño está participando, en colaboración con centros de varios países europeos nun proxecto Comenius.
O noso proxecto titúlase « Os Medios de comunicación, unha canle para Europa » (Les médias: un canal pour l'Europe). Este traballo ten como obxectivo sensibilizar ao alumnado (14-17 anos) acerca da súa pertenza a Europa, mediante o uso dos medios de comunicación (prensa, televisión, internet, radio), facilitar o diálogo intercultural, favorecer a educación e desenvolver unha posición crítica cos medios de comunicación.
Neste proxecto bianual está previsto realizar diferentes actividades:
· enquisas
· revista de prensa (analizar como un mesmo suxeito é tratado nos diferentes países europeos)
· concursos de fotoperiodismo
· colaboración con profesionais dos medios de comunicación
· elaboración dunha Primeira Páxina
· creación dun Xornal
· análise de medios de prensa europeos en diferentes formatos

Consulta a páxina do Comenius aquí

Este sitio web, coordinado polo grupo Comenius do IES de Tomiño, permitirá intercambiar información, almacenar e resumir os traballos levados a cabo, actualizar e avaliar os obxectivos do proxecto, e pór en común dun xeito global as actividades dos centros participantes no proxecto: centros de Alemaña, Bélxica, España, Francia e países asociados.









Existen diferentes proxectos que implican aos países que se poden ver na imaxe