
Hai tres modalidades: en verso (sen límite de extensión), relato (entre unha e dúas páxinas) e microrrelato (máximo 100 palabras).
O fallo farase público coincidindo coa xornada de celebración do Entroido no IES. Os premios entregaranse en acto público, sendo nese mesmo momento no que se abran as “plicas” e se coñezan os verdadeiros nomes dos gañadores ou gañadoras.
Os premios son os seguintes:
CATEGORÍA ALUMNADO
Relato
Primeiro premio (Cheque regalo de 30 euros).
Segundo premio (Cheque regalo de 20 euros).
Verso
Primeiro premio (Cheque regalo de 30 euros)
Segundo premio (Cheque regalo de 20 euros)
Microrrelato
Primeiro premio (Cheque regalo de 30 euros)
Segundo premio (Cheque regalo de 20 euros)
CATEGORÍA PROFESORADO E PERSOAL DO CENTRO
Un premio por cada categoría (Material bibliográfico en galego)
Anímate a participar!!! Podes consultar as bases completas da convocatoria nos taboleiros da Biblioteca e na páxina web do centro.