Hoxe luns continuou o torneo de xadrez, que cada vez resulta máis emocionante.
Na eliminatoria previa que faltaba por rematar, Nicolás Costas conseguiu obter unhas táboas nunha posición dificil e logo gañar na partida de desempate. O seu rival en cuartos de final vai ser Eduardo Fragueiro.
As outras 3 eliminatorias de cuartos eran:
· a de Vicente Marques frente a Alberto Gómez que foi a primeira en rematar tras abandonar a competición o segundo tras ir perdendo na primeira das dúas partidas. Con este resultado, Vicente convertíase no primeiro semifinalista.
· Nabor xogaba frente a Noel, e este último é o segundo semifinalista tras gañar nas dúas partidas.
· A última eliminatoria enfronta a Daniel Salguero e a Diego Álvarez. O primeiro conseguiu vencer con negras na primeira partida, polo que agora necesita gañar ou empatar con blancas para estar tamén nas semifinais.
O mércores xogaránse as partidas que faltan de cuartos de final.