A semana anterior e posterior ao Día do libro, o 23 de abril, que este ano foi domingo, un espazo da zona central do noso centro foi o punto de encontro no que crear precioso libriños de papel e onde atopar libros libres para regalar ou levar (http://www.bookcrossing.com/); máis de 350 exemplares que levarán o nome do IES Antón Alonso Ríos polo mundo. Tamén púidose participar nun concurso no que adxudicar aos profesores a súa obra preferida, tarea moi dificultosa só conseguida por tres alumnos de 3º ESO.
Agardamos xa as sorpresas do ano que vén...