Saltar ao contido principal

Xuntanza poslectura - 1ª aval. - Club de Lectura de ESO

Outro luns máis, volvemos xuntarnos os integrantes do club da ESO. Desta volta, tocaba quedada poslectura.

Despois de xantarmos xuntos, agardábanos unha sobremesa novidosa: un escape room deses que están de moda agora. En si, éche coma un xogo de pistas pero hai que ir contrarreloxo para atopar unha chave que te libere do espazo en que te encerraron. Nós quedamos pechados na biblioteca do noso centro. Estas son algunhas das obras que se mencionaban nos libros que lemos e que tamén apareceron no escape room.

Se queredes saber se logramos saír, dádelle ao play, aínda que quede claro que unha biblioteca non é un lugar do que haxa que fuxir. Máis ben, ao contrario...



Logo repartímonos en grupos de debate e parolamos sen vergonza sobre a nosa experiencia lectora con estes dous libros, pero rematamos de novo todos xuntos. Os de 1º e 2º ESO presentáronlles o seu libro Mentira aos de 3º e 4º ESO e estes fíxéronlles tamén un resumiño e unha valoración de Palabras envelenadas


E agora ímonos centrar nos exames de final desta 1ª avaliación. O Club de Lectura da ESO volverá xuntarse nunha macroquedada en xaneiro. E nós seremos anfitrións do alumnado doutros clubs de lectura do Baixo Miño! 

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa