Saltar ao contido principal

Club de Lectura da ESO, en marcha!

Arrancou novembro e tamén o noso club de lectura composto por alumnado da ESO.
Comezamos xantando xuntos -comer en grupo une moito- e logo, xa na biblioteca, empezaron as presentacións e recollemos, nun mural, as nosas razóns para ler. Colgámolo no corredor e así mostramos con orgullo o noso gusto pola lectura.


Logo, de volta na biblioteca, agardábanos unha chuvia de portadas. Todas tiñan en común a palabra clave mentira ou palabras, coma nos libros que foran escollidos para lermos. Cal sería? E que portadas nos chamaban a atención? E por que? E a que libro nunca lle botariamos a man nunha biblio ou nunha librería? Condiciónamos moito á hora de escoller unha lectura a portada do libro?

Finalmente, vimos dous booktrailers realizados por outros mozos e así soubemos os libros que escolleran para arrancar co club de lectura. Os de 1º e 2º ESO imos ler Mentira, de Care Santos e os de 3º e 4º ESO ímoslle menter o dente a Palabras envelenadas, de Maite Carranza.

E así foi a primeira xuntanza prelectura. Quedamos citados para o luns 26 de novembro, tamén de 14:30 a 16:30, para novas dinámicas xuntos e debater sobre as obras que nos repartiron. Vémonos, logo!