Durante este curso, botou a andar o Club de Lectura do Baixo Miño, composto polos grupo de alumnado destes centros educativos: CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), IES A Sangriña (A Guarda), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e mais o noso. Estes catro centro xuntámonos en tres ocasións e este é resumo en vídeos do última quedada. Fomos ata Vigo, para facer a ruta literaria de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta , guiados pola propia autora. Na cidade olívica tamén visitamos dúas tipoloxías de bibliotecas públicas: a Biblioteca Nodal Xoán Compañel e a Biblioteca-Centro de Documentación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Logo trasladámonos ao escenario de A praia dos afogados en Panxón (Nigrán). Durmimos unha noite da Residencia de Tempo Libre de Panxón e, ese venres á noitiña, celebrouse unha actividade en torno á narración oral a partir do álbum ilustrado Los misterios del señor Burdick . O sábado pola mañá tivo lug...
Blog da Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos - Tomiño