A Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos foi o espazo en que o alumnado voluntario botou unha man en labores de dinamización, orgazinación e apoio aos usuarios e usuarias durante o curso pasado. A súa colaboración durante o tempo do recreo é agora recoñecida cunha certificación da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Así foi o acto de entrega destes diplomas acreditativos. Grazas inmensas pola vosa axuda ilusionante!