O vestíbulo e os corredores do IES Antón Alonso Ríos volven mostrar seleccións de libros temáticos, as novidades da Biblioteca... Esta nova era pandemia-covid non nos permite andar folleando os libros todos á vez, pero si seleccionar tal ou cal obra e levala en préstamo para a nosa casa.Tendes na entrada do instituto unha escolla das novidades de ciencia que chegaron á nosa biblioteca. Se che interesa algún exemplar, só tes que ir ata a biblioteca e comentárnolo ou enviar un correo electrónico a btomino@gmail.com e solicitalo.
A profesora Puri Ameixide xuntouse na nosa biblioteca cos seus lectores de Claro de lúa , a súa última novela publicada. Este pasado venres día 13 de decembro, o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu á charla titulada "A arte de narrar: Claro de lúa ". Deixamos neste vídeo un resumo do encontro coa autora, un momento cheo de sorrisos.