Saltar ao contido principal

4/02: Reunión do club de lectura do alumnado

 Xentiña lectora?! Imos quedar no recreo do xoves 4 de febreiro, para charlar sobre a nosa primeira lectura: La puerta de los tres cerrojos, de Sónia Férnandez-Vidal. Tendo en conta a importancia da física na trama do libro, onde vai ser a nosa xuntanza? No laboratorio de Física. 

Vémonos! 



O MÁIS VISTO

Club de Lectura 2021/2022: preinscrición

Volve o Club de Lectura da Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos! Continuamos adaptándonos aos protocolos sanitarios pero non deixamos de ter ganas de ler e de debater despois. E neste curso esperemos que nada impida que fagamos unha saída extraescolar en xuño. Podes ler aquí información xeral sobre a organización durante este curso 2021/2022.  Para participar, tes que preinscribirte cubrindo o seguinte formulario, antes do 15 de outubro. Tamén podes pasar pola Biblioteca e anotarte alí mesmo.     Cargando…

24 de outubro, Día das Bibliotecas

Somerxidos no curso 2019/2020, a Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos comezou este período como centro de nova incorporación ao PLAMBE , Plan de mellora de bibliotecas escolares. No noso proxecto, segue sendo clave a realización de actividades de formación de usuarios autónomos da biblioteca e de fomento da lectura. Para celebrar o Día das Bibliotecas , neste 24 de outubro queremos invitar á lectura e formar como usuarios ao persoal laboral do noso instituto, porque o seu grao de implicación coa lectura e o aproveitamento que fagan da biblioteca será importantísimo para facilitar que o noso alumnado acceda tamén a estes recursos.  Que argallou o Equipo de Biblioteca? Invitou a café e repartiu sorbos de lecturas : suxestións lectoras para o persoal docente e o de administración e servizos para celebrar o Día das Bibliotecas. E por se se animan a pasar polo biblio e darlle unha oportunidade ao libro que lle recomendamos, tamén os convidamos a unha formación de usuarios só para el

As superaventuras de 2º ESO

O pasado 5 de abril, o noso alumnado de 2º ESO participou nun novo concurso de microrrelatos. Esta vez o reto era compoñer a primeira superaventura da heroína que vedes na fotografía en apenas 30 liñas, todo un desafío! Mais, como de costume, os/as nosos/as estudantes saíron airosos, poñendo nun bo problema ao noso xurado, que tivo que escoller só cinco finalistas. Agora é a vosa quenda, queridos lectores! Xunto á entrada da sala de profesores poderedes atopar os microrrelatos finalistas, as papeletas e a urna para os votos: elixide ao gañador do concurso As superaventuras !