Logo do éxito da campaña de fomento da lectura Lazadas lectoras, seguimos na mesma onda pero con diferente efeméride.
Non podemos negar que en torno ao 14 de febreiro hai un ambiente que a todos nos gusta. Quen lle pecha as portas ao amor? Pois abrir un libro é coma empezar unha historia de amor...! Si, ás veces é unha historia de desamor, pero así é a vida...
Anímate a pedir un libro para que llo entreguemos a alguén no teu nome. O libro transmitiralle a túa gran mensaxe. Será coma dicirlle: QUÉROTE.
DILLO CUN LIBRO