Saltar ao contido principal

Publicacións

A Biblioteca Dixital Mundial da UNESCO

Ter á man os tesouros das principais bibliotecas nacionais do mundo! Poder acceder gratis e sen límite de tempo a ese exemplar lexendario, único, que cada quen algunha vez soñou con coñecer... WDL.org é un proxecto creado pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos e a UNESCO que pretende facer realidade este soño. A información está organizada por Lugares (Asia, América, Africa, Europa, Antártida e Oceanía), Tempo (de 8000 A.C. á actualidade), Temática (Filosofía, Psicoloxía, Relixión, Ciencias Sociais, Linguas, Ciencias Naturais e Matemáticas, Tecnoloxía, Arte, Literatura, Historia e Xeografía), Tipo de artigo (libros, manuscritos, diarios, mapas, películas, gravados, fotografías, gravacións sonoras) ou Institución (de que Biblioteca procede). A biblioteca comeza cuns 1200 documentos, pero está pensada para recibir un número ilimitado. Non serán documentos correntes, senón con valor de patrimonio, que permitan aprezar e coñecer mellor as culturas do mundo en idiomas diferentes....

Eclipse de Lúa o mércores día 15 de xuño

O próximo mércores 15 de xuño  poderemos observar unha Eclipse Total de Lúa. Comeza cedo, así que cando saia a  Lúa xa aparecerá no horizonte parcialmente eclipsada, pero vale a pena estar pendentes dela pola fermosa cor avermellada que ofrecerá. A eclipse continuará aumentando ata o punto máximo que se producirá ás 20:13 U.T (no noso reloxo, GMT+2, ou sexa: ás 22:13) Esperemos que estea despexado!

Celebrouse a Xornada de Portas Abertas

Celebrouse onte sábado a XPA do IES de Tomiño, e ofrecémosvos algunhas imaxes dela: Ofrecéronse visitas guiadas polas instalacións do centro para ver aulas temáticas, exposicións de materiais elaborados polo alumnado e profesorado, houbo competicións deportivas, actuacións musicais etc

Este sábado 4 de xuño, Xornada de Portas Abertas

PROGRAMA DE ACTIVIDADES - 11:00 h Semifinais da Liga de Fútbol-Sala Mixto. No Pavillón - 12:00 h - APERTURA do Instituto -  EXPOSICIÓNS dos departamentos didácticos - VISITAS GUIADAS POLO INSTITUTO - OBRADOIROS - Exhibición de Bolos Celtas na cancha de Baloncesto - Partido amistoso de Fútbol-Sala entre os equipos do IES de Coruxo e o IES de Tomiño. No Pavillón. - Partida de brilé con participación de todos os visitantes que o desexen. - Finais Ping Pong. No Ximnasio. - Presentación das empanadas para o concurso. Na cafetería. - 13:00 h:  - Figuras de ACROSPORT . Alumnado de 1º de Bacharelato. No ximnasio. - Final da Liga de Fútbol-Sala Mixto. No Pavillón. -14:00 h - COMIDA. Haberá postos de venta de churrasco e empanada a cargo do alumnado de 4º de ESO. -16:30 h REINICIO DAS ACTIVIDADES -  EXPOSICIÓNS dos departamentos didácticos - VISITAS GUIADAS POLO INSTITUTO - OBRADOIROS - Campionato d...

Maio de 2011

No andel de Novidades da nosa Biblioteca este mes non poden faltar dous textos dos que todo o mundo fala.   Indignaos! Reacciona. 10 razones por las que debes actuar frente a la crisis económica, política y social

Gústache escribir?

Algunha vez pensaches en dedicarte en serio á literatura? Tes obra escrita que che gustaría publicar? Desde o noso portal favorito, Redelibros, xorde unha iniciativa para dar a coñecer novos autores que che pode interesar. Infórmate aquí