Saltar ao contido principal

Hora do planeta



Este sábado 27, entre as 20:30 e as 21:30 h. será

A HORA DO PLANETA 2010

A Hora do Planeta é unha iniciativa global de WWF onde individuos,organizacións, empresas e gobernos apagan as luces durante unha hora para votar en favor da acción sobre o cambio climático. Ao votaren cos seus interruptores de luz, os participantes da Hora do Planeta envían unha poderosa mensaxe visual aos seus dirixentes esixindo acción inmediata sobre o cambio climático.
A próxima Hora do Planeta terá lugar o sábado, 27 de marzo de 2010 ás 20:30, hora local. Millóns de personas en todo o mundo apagarán as súas luces durante unha hora, simbolicamente, chamando á acción sobre o cambio climático.
En 2009 uns mil millóns de persoas de máis de 4000 ciudades en 88 países participaron neste evento. En España participaron uns catro millóns de persoas e 200 cidades, apagando edificios emblemáticos como a Alhambra de Granada, a Cibeles, o museo Guggenheim, la torre Agbar de Barcelona e centos de edificios máis.
O mundo respondeu de forma incríbel, apagando a Ponte Brooklyn de Nova York, o Empire State, a Ponte Golden Gate, as Grandes Pirámides de Giza, a Acrópole e o Partenón en Atenas, a Basílica de San Pedro no Vaticano, o Big Ben e as Casas do Parlamento en Londres, o Palacio dos Elíseos e a Torre Eiffel en París...

É a hora do Planeta:
apaga a luz, ilumina o mundo

Amplía esta información: www.wwf.es/horadelplaneta