Saltar ao contido principal

Volvemos a clase este luns, 8 de marzo

Co visto bo da Unidade Técnica da Consellería, o IES de Tomiño reinicia as actividades lectivas o luns 8 de marzo ás 9:00h.


Porén, o papasol lamenta moito informar que a biblioteca permanecerá pechada, pois hai que renovar o teito, pulir e vernisar o piso...
Pero non desesperedes: anque o espazo físico da biblioteca estea
tan prexudicado o seu espírito permanece e os fondos están case todos a salvo. Tentaremos de encontrar unha maneira de continuar, polo menos, co servizo de préstamo. Iso require trasladar ordeadamente os materiais a algún espazo onde poidamos xestionalos provisionalmente, posiblemente o salón de actos. Igualmente proseguirán as actividades do Club de Lectura, anque nos reuniremos noutro lugar.
Nada nos vai deter, porque a biblioteca é moito máis que o espazo físico que ocupa.