Na imaxe podedes ver parte da cuberta do instituto e xa vos facedes unha idea de que as aulas específicas do segundo andar son, neste momento, as que se atopan nunha situación máis delicada no caso de que chova, anque ao longo da xornada de hoxe o profesorado e demais persoal do centro estivo recollendo os materiais destas aulas para minimizar os riscos de desperfectos.
Seguen suspendidas indefinidamente as actividades lectivas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, e de 1º de Bacharelato.
Reanúdanse as actividades lectivas de 2º de Bacharelato, Ciclos formativos de Electrónica e Forestais e PCPI (Programa de Cualificación Profesional) a partir do mércores 3 de marzo.
Non deixedes de consultar a páxina web do centro