Para pechar as xuntanzas dos nosos clubs de lectura por 2019, fixemos unha ruta literaria. Equipaxe? A maleta de álbum ilustrado para Secundaria do CFR de Vigo.
Nesta actividade cos Clubs de Lectura de alumnado e de adultos do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), os seus compoñentes actuaron de comité de selección dunha morea de álbums ilustrados e suxeriron as obras que estaría ben adquirir para a nosa biblioteca. Gustounos confirmar que, en canto á literatura, tamén hai tantos gustos coma cores.
E preguntámonos: para unha biblioteca escolar, só o profesorado pode escoller materiais? Dámoslle voz e voto ao alumnado que queremos invitar a ler á hora de adquirir obras? Pódense abrir canles para que tamén suxiran materiais outros membros da comunidade educativa? Dende o Equipo de Biblioteca estabamos seguros de que os membros de clubs de lectura serían un bo comité de selección. Pedímoslles argumentación a favor ou en contra da compra e xa temos unha listaxe lista para pedir á nosa libraría de Tomiño.
BO NADAL, XENTIÑA LECTORA!