Saltar ao contido principal

AGASALLA EXPERIENCIAS LECTORAS

Neste Nadal e sempre, agasalla experiencias lectoras!
A Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos puxo en marcha unha campaña de animación á lectura orientada a toda a comunidade educativa e, sobre todo, ao alumnado. E de agasallo por participar, un marcapáxinas-calendario de 2020.

Os materiais da nosa biblioteca foron e son adquiridos con fondos públicos e son, xa que logo, de todos e todas. Queremos que saian das paredes da biblioteca, que salten dos andeis, que se toquen, que se cheiren, que cheguen ás casas porque si, porque nos gusta ler, porque queremos animar a ler, porque queremos que lle collades o gusto a ler... Porque ler pode facernos sentir grandes experiencias. 
 
Así naceu AGASALLA EXPERIENCIAS LECTORAS. 

 Por grupos,  os nosos alumnos e alumnas foron pasando pola biblioteca e animámolos a autoagasallarse ou a regalarlle á familia unha experiencia lectora. E non hai como animar e non obrigar (Que si, de verdade, do libro que levedes non hai exame! Só hai que darlle unha oportunidade e devolvelo!) E de agasallo para que vos perdades polo lectura, marcapáxinas.